Preguntas frecuentes
O que preguntan as asociacións
Que é InfoLocal?
InfoLocal é unha app para iPhone e Android que reúne nunha rede os comercios dunha asociación de comerciantes ou dun municipio. A veciñanza atopa comercios, ofertas e avisos, e gaña puntos ao comprar. A asociación administra a rede e segue o seu impacto no comercio local.
Canto custa?
Desde 1.440 €/ano + IVE (120 €/mes) para redes de ata 150 comercios co plan anual, ou 150 €/mes + IVE co mensual. Hai tramos ata 1.000 comercios.
Os comercios pagan algo?
Non. Paga a asociación e todos os comercios da rede usan a app sen custo.
Canto se tarda en ter a rede funcionando?
15 días desde que nos pasas o logo, as cores e as imaxes da túa rede.
A rede leva a imaxe da nosa asociación?
Si. Dentro de InfoLocal, a túa rede aparece co seu nome, o seu logo, as súas cores e as súas imaxes. A veciñanza descarga InfoLocal e escolle a túa rede.
Como se verifican as compras?
O veciño amosa no comercio un código da app dun só uso. O comercio escanéao para darlle puntos ou canxear un premio, e esa compra queda verificada.
Que datos ve a asociación?
Só totais: compras verificadas, veciños que repiten ou que compran en varios comercios, visitas por categoría, instalacións e actividade. Se un dato vén de menos de cinco persoas, aparece como «Poucos datos».
Cantos avisos podemos enviar á veciñanza?
Como moito tres cada 24 horas desde o taboleiro de anuncios, para non saturar a veciñanza.
Quen forma os comercios?
Teñen 31 videotitoriais curtos para a veciñanza, os comercios e os administradores da rede, e a axuda da propia app explica cada pantalla.
Pódeo pagar o concello ou unha subvención?
Si, pode cofinancialo o concello ou pagarse con axudas ao comercio, segundo as bases de cada convocatoria. A app amosa a publicidade que esixen as subvencións.
E se a nosa rede ten máis de 150 comercios?
Hai plans de 151 a 500 comercios e de 501 a 1.000. Para máis de 1.000, consúltanos.
Amósalle á túa xunta directiva como funcionaría na vosa rede
Nunha demo de 20 minutos vemos a app coa rede demo e deixámosche a proposta lista para presentar.
Ou escríbenos a infolocal@granasoft.es · 858 952 942