Resultados á vista
Compras verificadas, clientes que repiten e que compran en varios comercios, nun informe mensual en PDF para a xunta directiva, o concello ou a subvención.
Para asociacións de comerciantes
Os teus socios gañan clientes con ofertas, puntos e premios. Ti recibes cada mes un informe do impacto no comercio para amosalo na xunta directiva e na asemblea.
Compras verificadas, clientes que repiten e que compran en varios comercios, nun informe mensual en PDF para a xunta directiva, o concello ou a subvención.
Taboleiro de anuncios con notificacións, como moito 3 ao día para non saturar.
Premios de toda a rede cos puntos de calquera comercio asociado, sen tarxetas de papel.
Cada socio ten ficha, ofertas, catálogo, chat, premios e estatísticas propias.
En vídeo
Como funciona unha rede de comercios en InfoLocal, para a veciñanza, os comercios e os administradores da rede.
Ver os 31 videotitoriais
Vídeo en castelán.Ao reproducilo, o vídeo cárgase desde YouTube, que pode usar cookies, como explica a nosa política de cookies.
Tres roles, unha rede
Veciñanza
Listaxe, mapa e categorías coa ficha de cada negocio: horario, enderezo, teléfono e fotos.
O «Mapa de negocios» amosa todos os comercios da rede coa súa chincheta, para ver que hai preto.
A ficha di se está aberto e ata que hora, e permite escribir, chamar ou ver como chegar cun toque.
Todas as ofertas da rede nun só sitio, ordenadas por data de caducidade.
Amosan o seu código no comercio e suman puntos. O código é dun só uso.
Premios de cada comercio e premios de toda a rede, que se conseguen comprando en varios comercios.
Mensaxes directas para preguntar por un produto, unha oferta ou un encargo.
Comercios
Desde «O meu negocio» publican a súa ficha, as súas ofertas e os seus produtos, e dan puntos co código do veciño.
Foto, título, descrición e data de fin. Antes de publicar ven como a verán os seus clientes.
Escollen os puntos, anotan o importe se queren e escanean o código do cliente.
Cantas veces aparecen na app, cantas visitas ten a súa ficha e como os contactan: teléfono, WhatsApp, mensaxes ou web.
As súas ofertas máis vistas, as visitas ao longo do tempo e os días en que máis compran.
Administradores da rede
Publican no taboleiro e, se é importante, envíano como notificación ao móbil. Como moito tres ao día.
Revisan as fichas dos comercios: publícanas, piden cambios ou bloquéanas.
Crean e editan as categorías coas que a veciñanza busca comercios.
Premios da rede con condicións: puntos de polo menos cinco comercios distintos e un máximo por comercio.
Compras verificadas, veciños que repiten e que compran en varios comercios, mes a mes.
Impacto no comercio
O panel «Impacto no comercio» reúne as compras verificadas, os veciños que repiten e os comercios que máis visitas reciben. O que a app achega aos teus socios, listo para amosar.
Rede demo InfoLocal · datos de proba
Próbaa agora
Descarga InfoLocal e escolle a rede «Infolocal», a da entidade «Asociación de Comerciantes Mi Barrio». Verás comercios, ofertas, premios e avisos como os verá a túa veciñanza. Para entrar tamén como comercio e como administrador da rede, pide o acceso: enviámoscho por correo electrónico.
Últimos avisos do taboleiro da rede demo
Este mes se han unido a la asociación nuevos comercios del barrio. Búscalos en la app y pásate a conocerlos: muchos estrenan oferta de bienvenida.
Durante la campaña, cada compra en un comercio asociado suma puntos dobles. Enseña tu código de la app al pagar y canjéalos por premios en cualquier comercio de la asociación.
Taller práctico de escaparatismo y redes sociales para los comercios asociados, en la sede de la asociación. Plazas limitadas: apúntate respondiendo a este aviso o por el chat.
Como se implanta
Amosámosche a app e preparamos a proposta para a túa xunta directiva.
Pásasnos o logo, as cores e as imaxes da asociación.
Cada socio crea a súa ficha coa axuda dos videotitoriais.
Anunciades a rede e, a fin de mes, chega o primeiro informe.
Prezo
Co plan anual, para redes de ata 150 comercios. Para os comercios é gratis.
Nunha demo de 20 minutos vemos a app coa rede demo e deixámosche a proposta lista para presentar.
Ou escríbenos a infolocal@granasoft.es · 858 952 942